martes, 19 de julio de 2016

BEES MAKE HONEY



Seguindo co proxecto da biblioteca do noso cole UMMMM MEL , entre os alumnos de 2º elaboraron un póster sobre  a elaboración do mel, en INGLÉS.


Esperamos que vos guste.

ALOUMIÑOS DE MEL

 Este curso no noso cole traballamos o mel como tema do proxecto da biblioteca "UMMM MEL"

 Cos alumnos de 3º e 4º traballamos neste proxecto facendo uns lapbooks,

Está composto de varios minibooks para de forma sinxela ir expoñendo todo aquilo que foron aprendendo no sobre o tema.

Neste proxecto participaban dende varias materias e participamos como xa mencionei antes o alumnado de 3º e 4º ,  a mestra titora, a mestre de PT e a mestra de lingua estranxeira

Foi redatado en lingua galega e tamén en inglés.

O titulo que lle demos ao noso traballo foi ALOUMIÑOS DE MEL

Cada alumn@  fixo o seu lapbook e tamén un lapbook grande para toda a clase.

Ao rematar expuxéronse todos os traballos para dalos a coñecer ao resto do cole.